Bolsas de formación en arquivos de Galicia

UVigo - Emprego 19/02/2020

A Consellería de Cultura convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 20 bolsas de formación en arquivos de Galicia. As bolsas van destinadas a actividades de formación relacionadas con procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e dos seus fondos documentais. As bolsas terán unha duración máxima de 6 meses.

Requisitos

  • Ter grao universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) en que predomine a formación en historia e/ou arquivística
  • Acreditar dominio da lingua galega, nivel de iniciación, mediante título oficial ou certificado Celga 3

Dotación económica

  • 895,05 € brutos mensuais.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 18 de marzo de 2020. As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT110A.
Máis información aquí.