Bolsas de formación en biblioteconomía na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

UVigo - Emprego 10/02/2020

A Consellería de Cultura convoca, en rexime de concorrencia competitiva, 33 bolsas de formación en biblioteconomía, con acompañamento de titor/a, para o tratamento técnico dos fondos, así como calquera outra actividade que permita a súa formación e coñecemento dos diversos servizos bibliotecarios. A duración das bolsas será de 7 meses e a dotación económica de 930 € brutos mensuais.

As persoas beneficiarias recibirán a súa formación nas seguintes bibliotecas públicas: 

  • Biblioteca de Galicia
  • Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
  • Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
  • Biblioteca Pública de Lugo
  • Biblioteca Pública de Ourense
  • Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
  • Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
  • Biblioteca Pública Municipal de Ferrol (Central)
     

Requisitos

Titulación universitaria de licenciatura ou diplomatura en Biblioteconomía ou Documentación; grao en Información e Documentación; licenciatura ou grao en Historia ou Xeografía e Historia, Filoloxía ou Lingua e Literatura, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e Humanidades.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente en https://sede.xunta.gal co procedemento CT233A.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de marzo de 2020.

Máis información aquí