Bolsas de formación en cooperación internacional para o desenvolvemento

UVigo - Emprego 28/05/2019

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca seis bolsas de formación en cooperación internacional para o desenvolvemento. 

Requisitos (entre outros)

  • Ter vecindade administrativa en Galicia.
  • Estar en posesión dos títulos universitarios de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalente.

Descrición das bolsas

  • Número: 6.
  • Dotación: 1200 € brutos mensuais, no caso de que os destinos sexan no  exterior, e 1.000 € brutos mensuais, no caso de que os destinos sexan na sede da Dirección Xeral.
  • Destinos: Santiago de Compostela (Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE) ou nas unidades de cooperación no exterior (UCE) da AECID.

Prazo

Ata o 29 de xuño de 2019.

Máis información: Orde de 14 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se convocan para o ano 2019. DOG 28 de maio 2019.