Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo

UVigo - Emprego 21/02/2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Comunidade Autónoma de Galicia convoca catro bolsas na Dirección Xeral de Comercio e Consumo. O programa formativo integrará aspectos relativos á actividade comercial, ao estudo e á análise da pequena e mediana empresa comercial, e ao sector da distribución e ás estruturas comerciais. Este programa poderá estenderse a todas aquelas materias de comercio e artesanía sobre as que o centro directivo teña competencia.

Requisitos

  • Titulación universitaria de Grao, Licenciatura, Enxeñaría ou Arquitectura rematada no ano 2011 ou con posterioridade
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4

Duración

  • A formación desenvolverase ao longo do ano 2020
  • A duración máxima da bolsa é de doce meses, contados desde a data da incorporación das persoas beneficiarias ata o 31 de decembro

Dotación

  • A contía bruta mensual será de 1200 €

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 23 de marzo de 2020 e poderá presentarses solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento IN225A.
Máis información nas bases da convocatoria así como no teléfono 981 545 525 e no correo cei.dxc.axudas@xunta.gal