Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo

UVigo - Emprego 10/05/2022

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo convoca catro bolsas formativas no ámbito da actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estruturas comerciais.

O programa desenvolverase ao longo do ano 2022 cunha duración máxima de oito meses, contados desde a data da incorporación das persoas bolseiras ata o 31 de decembro.

A dotación mensual da bolsa é de 1200 € brutos.


Requisitos

  • Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
  • Posuír unha titulación universitaria. Obterán máis puntuación as seguintes titulacións: Ciencias Económicas e Empresariais, Dereito, Ciencias Políticas, Administración e Dirección de Empresas, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Dirección e Xestión Pública, Comercio e Márketing, Publicidade e Relacións Públicas ou equivalentes.
  • Ter concluído os estudos conducentes no ano 2013 ou posterior.
  • Valoraranse e se puntuarán os coñecementos dos idiomas inglés, francés, alemán e/ou portugués e a formación en materia de comercio, artesanía ou informática.


Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 6 de xuño de 2022

Máis información aquí.