Bolsas de formación na Fundación Biodiversidade
A Fundación Biodiversidade convoca 18 bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria, de formación profesional ou certificado de profesionalidade.
As bolsas dirixidas a persoas con titulación universitaria son da rama das ciencias, da comunicación e das ciencias sociais e xurídicas.
Terán unha duración máxima de 12 meses improrrogables. A dotación das ditas bolsas deseñouse co ánimo de facilitar a conciliación e a compaxinación con outros estudos polo que a persoa seleccionada poderá gozar da bolsa, ben de 5 horas diarias e ata 600 € ao mes ou ben de 7 horas diarias e ata 840 € ao mes.
Información e solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 13 de decembro de 2019
Máis información aquí.