Bolsas de formación da Fundación Galicia Europa 

UVigo - Emprego 28/01/2020

A Fundación Galicia Europa convoca catro bolsas dirixidas a tituladas e titulados universitarios para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea, tanto na súa sede de Santiago como na de Bruxelas. 

Bolsas

a) Tres bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega. Unha delas desenvolverase na oficina da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e dúas na oficina de Bruxelas.

b) Unha bolsa destinada a persoas cun título universitario para a súa formación en comunicación das políticas comunitarias e da participación galega en asuntos europeos, con destino na oficina de Bruxelas.

Requisitos

  • Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
  • Ser natural de Galicia, ser fillo e filla de galegos ou acreditar, mediante empadroamento, residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria.
  • Posuír o título académico necesario ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición. Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematados dentro dos seis anos anteriores aos da publicación da convocatoria.

    a) Para as bolsas de formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega é necesario posuír un título universitario de grao, licenciado/a, enxeñeiro/a ou equivalente sendo titulacións preferentes o Grao/Licenciatura en Dereito, Dirección e Xestión Pública, Ciencias Políticas e da Administración, Relacións Internacionais ou Economía.

    b) Para as bolsas de formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos, é necesario posuír un Grao/Licenciatura en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.

Dotación económica de cada bolsa

a) Para as bolsas con destino na oficina da FGE en Santiago de Compostela: 

  • Retribución bruta 13.200 €.
  • Seguridade Social: 600 €.

b) Para as bolsas con destino na oficina da FGE en Bruxelas: 

  • Retribución bruta 16.200 €
  • Axuda de desprazamento para gastos de viaxe 500 €
  • Seguridade Social: 600 €.

Información e solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal co formulario PR770N.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de febreiro de 2020.

Máis información aquí.