Bolsas de formación do Instituto de Estudios Fiscales

UVigo - Emprego 07/05/2019

O Instituto de Estudios Fiscales (IEF) convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 10 bolsas de formación para titulados/as universitarios/as co obxecto de contribuír á súa formación no exercicio de tarefas formativas e investigadoras en materias relativas á actividade orzamentaria e fiscal da Facenda Pública.

  • Data de inicio das bolsas: outubro de 2019.
  • Lugar: sede do IEF en Madrid.
  • Duración: 12 meses.
  • Contía: 1100 mensuais brutos.
  • Prazo de inscrición: ata o 20 maio de 2019.

Máis información no BOE 4 de maio 2019.