Bolsas de formación Inta "Esteban Terradas"

UVigo - Emprego 19/11/2019

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial, do Ministerio de Defensa, convoca as bolsas de formación Inta "Esteban Terradas".

Requisitos

  • Titulados/as de universidade de nacionalidade española ou dun país membro da UE, ou estranxeiros/as residentes en España no momento de solicitar a bolsa que se atopen en posesión do título de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalentes, sempre que remataran os seus estudos e solicitaran o título correspondente, nos catro anos anteriores á data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria.
  • As titulacións esixidas, para cada unha das bolsas convocadas, son as relacionadas coas áreas que se sinalan no anexo I da convocatoria. 

Descrición

  • Prazas: 8
  • Duración: 2 anos, prorrogable por 1 ano máis
  • Xornada: 7 horas diarias de luns a venres en horario de 8.00 a 15.00 h.
  • Dotación: 12.000 euros anuais. Os importes abonaranse por mensualidades vencidas, a razón de 1.000 euros brutos mensuais.
  • Lugar: campus e centros de instalacións científico-técnicas do INTA que aparecen recollidos no  anexo I da convocatoria.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 3 de decembro de 2019.

Máis información na web do INTA.