Bolsas de formación e investigación do INAP

UVigo - Emprego 02/04/2019

O Instituto Nacional de Administración Pública convoca 5 bolsas destinadas a titulados/as universitarios/as de grao ou licenciatura na área das Ciencias Sociais e Xurídicas. O título debeuse obter no curso académico 2014-2015 ou posteriormente.

A finalidade das bolsas é a de formarse e desempeñar tarefas de apoio relacionadas coas liñas de investigación principais do INAP.

O período máximo das bolsas será dun ano, prorrogable por outro ano máis.

Dotación

A da bolsa será de 1300 € mensuais.

Prazo de inscrición

Ata o 24 de abril de 2019.

Más Información no BOE 1 de abril 2019.