Bolsas de formación no Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller

UVigo - Emprego 04/06/2020

A Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero convoca 4 bolsas de formación no Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller para o período 2020-2021.

Requisitos

  • Nacionalidade dun Estado membro da UE
  • Titulacións de grao/licenciatura finalizadas no ano 2017 ou posteriormente en Dereito, Economía, Estatística, Ciencias Políticas ou Antropoloxía Social e Cultural.
  • As persoas beneficiarias deberán atoparse en situación de desemprego no momento da súa incorporación.

Dotación económica

A contía das bolsas é de 1000 euros brutos mensuais e unha única asignación de 600 euros brutos anuais para os gastos asociados á bolsa, á que poderán imputarse os gastos derivados da participación en actividades formativas.

Inscrición e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 22 de xuño de 2020.

Máis información na convocatoria e nas bases