Bolsas de formación práctica en oficinas de turismo no estranxeiro 

UVigo - Emprego 23/12/2019

A Axencia Turismo de Galicia convoca 9 bolsas de formación práctica, en réxime de concorrencia competitiva, en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en Londres, París, Berlín, Miami, Lisboa, Bruxelas, Cantón, Roma e Dublín.

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2020 cunha duración máxima de 10 meses.

Requisitos

  • Nacionalidade: ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.
  • Titulación: estar en posesión na data de aceptación da bolsa dun grao universitario ou titulación homologada ou equivalente. 

Poderán participar no proceso de selección aqueles candidatos e candidatas que no momento de presentación das solicitudes teñan superadas todas as materias do grao e estean pendentes da presentación e defensa do traballo de fin de grao. Estes candidatos deberán acreditar estar en posesión do título universitario no momento de aceptación da bolsa. 

O título non poderá ser anterior ao 1 de xaneiro 2014. Tamén serán admitidas aquelas persoas candidatas cuxa titulación fose obtida nunha data anterior e estean en posesión dun mestrado universitario relacionado directamente co turismo expedido a partir do 1 de xaneiro de 2014.

  • As persoas solicitantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

Outras linguas

  • Para as bolsas de Londres, Dublín, París, Berlín, Miami, Roma e Lisboa deberase acreditar o coñecemento da lingua oficial do país.
  • Para a bolsa de Bruxelas deberase acreditar o coñecemento das linguas francesa ou, na súa falta, inglesa.
  • Para a bolsa de Cantón deberase acreditar o coñecemento das linguas chinesa ou, na súa falta, inglesa.

Dotación

  • Londres: 29.252,30 €
  • París: 23.477,00 €
  • Berlín: 22.175,00 €
  • Lisboa: 22.547,00 €
  • Miami: 24.968,10 €
  • Bruxelas: 29.252,30 €
  • Cantón: 24.968,10 €
  • Roma: 22.547,00 €
  • Dublín: 29.252,30 €

Na dotación de cada unha das bolsas están incluídos os gastos de desprazamento (ata e desde o lugar de destino) e o seguro médico, de accidentes e de responsabilidade civil obrigatorio.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanacerá aberto ata o 23 de xaneiro de 2020. 

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TU981B.

Máis información no DOG do 23 de decembro de 2019 e en http://www.turismo.gal/canle-institucional, por teléfono: +34 981 547 406 ou por correo electrónico proxectos.turismo@xunta.gal.