Bolsas formativas do IGAPE en materia de internacionalización empresarial

UVigo - Emprego 03/03/2020

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 50 prazas para a capacitación de mozos/as profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica. A finalidade de é mellorar a empregabilidade e poñelos/as a disposición de empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

Requisitos

  • Ter unha data de nacemento igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 1990
  • Posuír nacionalidade española e nacer en Galicia ou ben nacer en Galicia e ter nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea ou estar no padrón dun municipio galego con dous anos de antigüidade
  • Posuír unha titulación universitaria en Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Económicas e Empresariais, Dereito, Comercio, Economía ou titulacións afíns. Tamén son válidas outras titulacións relacionadas co Márketing e as Relacións Internacionais así coma o Mestrado en Comercio Internacional
  • Ter coñecementos de inglés que se acreditarán a través dun exame no que as persoas aspirantes deberán obter un nivel mínimo de B2.
  • Estar dado/a de alta como demandante de emprego (ou demandante de mellora de emprego) no servizo público de emprego

Onde e cando?

  • A formación práctica levarase a cabo no estranxeiro e/ou en Galicia (en oficinas do IGAPE ou da Xunta, oficinas comerciais de España no exterior, cámaras de comercio españolas no estranxeiro, organismos multilaterais, organismos intermedios galegos, centros de investigación, empresas e/ou outros organismos), para realizar tarefas de investigación de mercados, estudo de empresas e a súa planificación para internacionalización e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras
  • A duración inicial das bolsas é de máximo 12 meses con posibilidade de prórroga de ata 12 meses adicionais 

Dotación

  • O importe máximo da bolsa é de 48.000 € por un período de 12 meses

Información e solicitudes

O Igape informa de que, de conformidade coas medidas preventivas do sector público autonómico adoptadas como consecuencia da evolución do COVID-19, se suspenden os prazos para a tramitación dos procedementos no ámbito do Igape. Estes prazos reiniciaranse unha vez finalizada a vixencia destas medidas, ou se é o caso, as súas prórrogas.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 4 de maio de 2020. Para presentar a solicitude, as persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico a través da aplicación establecida en http://www.tramita.igape.es. A solicitude está dispoñible en https://sede.xunta.gal co código IG414A.

Máis información aquí.