Bolsas formativas no Instituto Nacional de Estatística

UVigo - Emprego 10/12/2019

O Instituto Nacional de Estatística (INE) convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 15 bolsas de formación práctica dirixida a persoas posgraduadas que desexen iniciarse nos métodos e técnicas utilizados na investigación estatística.

Características

  • As bolsas terán unha duración máxima de 12 meses prorrogables ata máximo 24 meses.
  • A contía bruta mensual de cada bolsa é de 898,43 euros.

Requisitos

  • Entre outros requisitos, as persoas interesadas deben posuír título de grao universitario obtido durante os tres últimos anos anteriores á data de publicación da resolución de convocatoria das bolsas. 

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 2 de xaneiro de 2020.

Máis información aquí.