Bolsas Freigeist en Alemaña para doutores/as

UVigo - Emprego 12/03/2019

Convoca

Volkswagen Foundation.

As Bolsas Freigeist son axudas destinadas a mozas e mozos de calquera país do mundo que investiguen no marco de calquera campo do coñecemento. O obxectivo estas bolsas é facilitar a implantación de proxectos de investigación extraordinarios; por iso, nesta edición convocáronse entre dez e quince axudas para realizar investigacións en universidades ou institucións de investigación alemás. Cada bolsa poderá estenderse ata un período máximo de cinco anos e a contía económica que recibirá cada investigador variará en función do campo de investigación e a experiencia profesional de cada candidato.


Requisitos

  • Posuír un título de doutoramento obtido durante os últimos cinco anos.
  • Integrar a investigación desde o principio no marco dunha universidade ou institución de investigación alemá.

Prazo

Ata o 10 de outubro de 2019.


Máis información na web.