Bolsas Fulbright de ampliación de estudos

UVigo - Emprego 19/02/2020

O Goberno de España e o Goberno de EE.UU. convocan 20 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades dos Estados Unidos en calquera disciplina. As bolsas Fulbright van dirixidas a persoas con titulación superior interesadas en programas de Máster ou PhD (doutorado).

Requisitos

  • Nacionalidade española
  • Título superior obtido entre xaneiro de 2013 e setembro de 2020
  • Excelente coñecemento do idioma inglés, demostrable mediante o TOEFL (97 para todas as disciplinas, agás Xornalismo e Relacións Internacionais que requiren dunha puntuación de 100) ou IELTS, Academic Version (6.5 e 7 respectivamente).
  • Dependendo do tipo de estudo que se queira realizar, pode ser necesaria experiencia profesional e/ou a presentación dos resultados do Graduate Management Admission Test (GMAT).

Duración

  • A duración das bolsas será de 10 a 12 meses, renovable por un segundo período de máximo 12 meses
  • O período de goce será entre o verán ou outono de 2021 e o verán de 2022, segundo o calendario académico da universidade de destino

Dotación económica

  • Entre 1.400 e 2.760 $ mensuais
  • Un importe de viaxe de ida e volta
  • Gastos varios de primeira instalación
  • Gastos de matrícula e taxas
  • Seguro médico e de accidentes

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 14 de abril de 2020.
Máis información aquí.