Bolsas Fulbright para ampliar estudos de posgrao nos Estados Unidos 2022/2023

UVigo - Emprego 03/02/2021

Convócanse ata 20 bolsas Fulbright para cursar estudos de posgrao en universidades dos Estados Unidos en calquera disciplina.

A duración da bolsa será de 10 a 12 meses e desenvolverase entre o verán de 2022 e o outono de 2023. Poderá renovarse por un segundo período de máximo 12 meses.

Requisitos

  • Nacionalidade española.
  • Titulación superior obtida entre xaneiro de 2014 e setembro de 2021.
  • Excelente coñecemento do idioma inglés. 

Dotación

  • A bolsa inclúe unha contía para os desprazamentos de ida e de volta e para os gastos varios da primeira instalación, unha contía mensual de entre 1400 e 2760 $, gastos de matrícula e seguro médico e de accidentes.

Información e solicitude

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 14 de abril de 2021.

Máis información e inscrición aquí.