Bolsas Fulbright para estudos de máster en Estados Unidos

UVigo - Emprego 10/01/2020

O Ministerio de Educación convoca 12 axudas para a realización de estudos de máster en universidades de Estados Unidos de América para o curso 2020/2021.

Requisitos

  • Posuír titulación de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalente rematada con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2016. O estudantado que estea a finalizar os estudos no curso 2019-2020 non poderán participar na convocatoria. 
  • Contar cun expediente académico con nota media igual o superior a 7,00 puntos e, no caso de participar cun grao, este será de mínimo 240 créditos.
  • A contía mensual é de 2.220 €. A dotación da bolsa tamén consta dunha cantidade en concepto de matrícula ou taxas académicas por importe máximo de 20.000 € e un importe de 1.500 € para gastos de viaxe de ida e volta. Ademais inclúe seguro de accidentes corporais e de asistencia sanitaria.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o 16 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2020

Máis información aquí.