Bolsas Fundación SEPI - Programa de iniciación na empresa

UVigo - Emprego 09/09/2020

A Fundación SEPI convoca as bolsas do Programa de iniciación na empresa 2020/2021, co obxectivo de posibilitar un período de formación práctica no ámbito empresarial, dirixido a mozos e mozas con titulación universitaria ou con titulación de grao superior de formación profesional e sen experiencia previa.

As bolsas terán unha duración inicial de seis meses e a data de incorporación será previsiblemente o 1 de novembro de 2020. Á solicitude de cada empresa ou da institución colaboradora co programa, a fundación poderá prorrogar as bolsas por outro período de seis meses.

A dotación das bolsas serán de 885 € para as persoas beneficiarias con titulación universitaria e de 800 € para as que posúan unha titulación de grao superior de formación profesional.

A relación de titulacións aptas para poder acceder ás bolsas do programa exporanse na páxina web da fundación (www.fundacionsepi.es).

Requisitos

  • Posuír a titulación requirida con posterioridade ao 31 de decembro de 2017 ou ter as condicións, no momento de realizar a entrevista persoal, para obter un título universitario oficial ou superior de formación profesional. Tamén poderán presentar a súa candidaturas as persoas estudantes de enxeñaría superior ou de mestrado que aprobaran todas as materias necesarias para obter o título correspondente, agás o proxecto de fin de carreira. 
  • Nado/a con posterioridade ao 31 de outubro de 1990

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de setembro de 2020.

Máis información aquí.