Bolsas no Instituto Galego do Consumo e da Competencia

UVigo - Emprego 29/06/2022

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia de Galicia convoca 5 bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos.

As bolsas que se convoquen desenvolveranse dentro do programa de traballo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

O programa de formación incluirá as actividades de formación relacionadas coa defensa e protección ao consumidor, a arbitraxe e a seguridade e vixilancia do mercado, levadas a cabo no ámbito de actuación do Servizos de Consumo en cada provincia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Valoración de requisitos e méritos

  • Nacionalidade española ou de calquera Estado membro da Unión Europea.
  • Estar domiciliada/o na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
  • Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao, en dereito.

Información e solicitudes

Importe máximo de 6.600 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.100 € brutos por mes e por bolsa ata un máximo de 6 meses.

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2022 cunha duración máxima de seis meses, contado desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2022.

As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.gal co procedemento CO400E.

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 1 de xullo de 2022.


Máis información no DOG do 1 de xuño de 2022 e en http://consumo.xunta.gal