Bolsas do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial "Esteban Terradas"

Solicitudes ata o 12 de decembro

UVigo - Emprego 18/11/2022

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial "Esteban Terradas" convoca bolsas para a formación teórico-práctica e o perfeccionamento tecnolóxico en materias e proxectos propios do Instituto.


Requisitos

Titulación universitaria oficial de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalentes, sempre que terminasen os seus estudos nos catro anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Son 25 bolsas para diferentes ámbitos e dirixidas a diferentes titulacións: Aeroespacial, Enxeñaría Industrial, Minas, Telecomunicación, Informática, Física, Química, Bioloxía ou Comunicación Audiovisual. Consulta as titulacións requiridas en cada bolsa aquí.


Características da bolsa

A contía individual da bolsa será de 14.400 € anuais, dos que 1.200 € se abonarán mensualmente.

A duración das bolsas é de dous anos con carácter prorrogable por outro ano máis.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de decembro de 2022.

Lugar de presentación de solicitudes: http://sede.defensa.gob.es/acceda/ na ligazón "Procedimientos", "INTA-Becas".

Máis información aquí.