Bolsas de internacionalización empresarial do ICEX

UVigo - Emprego 14/04/2020

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través do ICEX, convoca bolsas para a formación da mocidade en internacionalización empresarial.

O programa consiste en:

  • Fase 0: Formación durante 3 anos nun Máster universitario en xestión internacional da empresa da Universidade Menéndez Pelayo (75 ECTS) que se imparte en ICEX-CECO en Madrid. O ICEX asumirá os custos do máster oficial, excepto o prezo público, que abonará directamente o estudantado. Ademais, o ICEX concederá unha dotación de entre 500 € a 2000 € en concepto de gastos de transporte e manutención.
  • Fase I: Prácticas de duración 12 meses en Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior.
  • Fase II: Prácticas de duración 12 meses en empresas españolas con actividade internacional ou en entidades ou organismos internacionais

Requisitos

  • Posuír a nacionalidade dun estado membro da UE
  • Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1992
  • Ter unha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de máster Universitario. Será imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos
  • Acreditar posuír coñecemento avanzado de inglés (mínimo B2 do MCERL).

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 20 de abril ata o 18 de maio ás 14.00 horas 

Máis información aquí e tamén en www.icex.es/becas