Bolsas internacionalización empresarial ICEX 2021

UVigo - Emprego 25/03/2019

Convoca

ICEX España Exportación e Inversións. Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Obxecto

Concesión de 285 axudas como máximo que permitan a formación de mozos e mozas profesionais especializados en internacionalización empresarial.

Fases

As axudas instrumentalizaranse en dúas fases:

  • Fase I: consistirá na formación práctica obtida a través da Rede de Oficinas Económicas e Comerciais das Embaixadas de España no estranxeiro en 2021.
  • Fase II: formación práctica en empresas e institucións vinculadas á internacionalización, dentro e fóra de España e en organismos internacionais dos que España é membro, en 2022.

Ofrece, ademais, formación adicional en varios idiomas e actividades formativas para que estes mozos e mozas profesionais sexan capaces de proporcionar un mellor servizo ao proceso de internacionalización empresarial español.

Prazo

Desde o 1 de abril ata o 6 de maio de 2019.

Máis información: Extracto da Resolución de 7 de marzo de 2019 do ICEX España Exportación e Inversións pola que se convoca a concesión de axudas a través da Convocatoria das Bolsas de Internacionalización Empresarial de ICEX para 2021. BOE 18 de marzo 2019.