Bolsas de introdución á investigación JAE Intro

UVigo - Emprego 02/04/2019

A Agencia Estatal CSIC – Consejo Superior de Investigaciones Científicas convoca 250 bolsas coa finalidade de iniciar a carreira científica en diferentes áreas. Ofrécense estancias de 5 meses consecutivos a partir do 1 de setembro de 2019 en institutos e centros do CSIC, o que propicia unha aproximación aos coñecementos dos problemas científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa resolución.

Requisitos

  • Finalizar o grao no curso 18-19, estar matrículado/a nun mestrado universitario oficial no curso 18-19, matricularse nun mestrado universitario oficial no curso 19-20 ou ter acceso a estudos de doutoramento nos cursos académicos 19-20 ou 20-21.
  • Acreditar unha nota media igual ou superior, na escala decimal 0-10 e con dous decimais, a 8,00 para todas as ramas de coñecemento excepto para Enxeñaría e Arquitectura, que será igual ou superior a 7,00.
  • Non posuír ou estar en disposición legal de obter un título académico de doutor/a.
  • Non ter concedida unha bolsa de introdución á investigación dentro do programa JAE en convocatorias anteriores.

Dotación

A dotación da bolsa será de 3000 €.

Prazo de inscrición

Do 9 de abril ao 7 de maio do 2019.

Máis información no BOE 29 de marzo 2019.