Bolsas de investigación da Fundación Alfonso Martín Escudero en Universidades ou Centros no Estranxeiro 2019

26 de febreiro de 2019

UVigo - Emprego 06/03/2019

A Fundación Alfonso Martín Escudero convoca 30 bolsas para realizar traballos de investigación en universidades ou centros de investigación no estranxeiro. Os temas encádranse nas seguintes áreas:

  • Agricultura e Gandería
  • Ciencias do Mar
  • Ciencias da Saúde
  • Tecnoloxía de alimentos

Requisitos

  • Nacionalidade española.
  • Posuír o título de doutoramento ou de especialidade en Bioloxía ou Química, entre outras, de calquera universidade española.
  • Ter bo coñecemento do idioma do país receptor ou doutro idioma que permita a comunicación fluída co centro de investigación.

A duración da bolsa será por un período mínimo de 12 e máximo de 24 meses. A dotación da bolsa inclúe axuda para traslado e instalación (máx. 3100 €), seguro de enfermidades e accidentes e unha asignación mensual de entre 1900 e 3000 €, segundo o país de destino.

Prazo

Ata o 6 de maio de 2019 ás 14.00 horas.

Máis información na web.