Bolsas de investigación “Premio Europeo Carlos V-Antonio Tajani”

UVigo - Emprego 26/11/2019

A Fundación Academia Europea e Iberoamericana de Yuste convoca 10 bolsas de investigación e mobilidade en estudos europeos “Premio Europeo Carlos V-Antonio Tajani” cunha dotación individual de 2500 €. A orientación desta convocatoria versará sobre a temática da Unión Europea e o principio de solidariedade, sen prexuízo de que as persoas candidatas ás bolsas propoñan outras liñas de investigación innovadoras referidas á temática principal.

As persoas candidatas estarán matriculadas nun programa de doutoramento en fase de preparación da tese doutoral en historia, ciencias políticas, economía, dereito e outras disciplinas nas ramas das humanidades, sociais ou noutras ramas da ciencia, sobre unha temática relacionada.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permancerá aberto ata o 14 de xaneiro de 2020.

Máis información aquí.