Bolsas de posdoutoramento junior leader-Fundación "la Caixa"

UVigo - Emprego 09/09/2020

A Fundación ”la Caixa” convoca 15 bolsas de posdoutoramento dirixidas a persoas investigadoras de todas as nacionalidades, para levar a cabo a súa actividade investigadora en calquera universidade ou centro de investigación de España ou de Portugal.

Deben ser candidaturas excepcionais en canto á orixinalidade e á importancia das súas aportacións na súa disciplina científica, así como contar con capacidade de liderado para promover o seu propio grupo de investigación. 

A través dun programa de formación complementaria de excelencia, estas bolsas propoñen consolidar as habilidades de investigación e fomentar a carreira científica independente como opción de futuro profesional.

Características das bolsas

  • A investigación realizarase nas áreas das ciencias da saúde e da vida, a tecnoloxía, a física, a enxeñaría e as matemáticas.
  • A duración da contratación será de tres anos.
  • As persoas beneficiarias incorporaranse entre o 2 de maio e o 30 de setembro de 2021.
  • A convocatoria vai dirixida a todas aquelas persoas que remataran o doutoramento entre os dous e os sete anos anteriores á data do peche da convocatoria.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 7 de outubro de 2020 ás 14.00 horas.

Máis información aquí.