Bolsas de posgrao no estranxeiro da Fundación Barrié 

UVigo - Emprego 13/12/2019

A Fundación Barrié é unha fundación galega patrimonial dedicada á mellora das condicións económicas e sociais de Galicia. A fundación, consciente da relevancia da formación para o desenvolvemento de persoas e comunidades, convoca a XXXI edición do Programa de Bolsas de Posgrao no estranxeiro.

Os obxectivos da convocatoria son: facilitar o acceso ás mellores técnicas, métodos e procedementos; proporcionar experiencias vitais nun entorno internacional; e fomentar vínculos profesionais, académicos e sociais de persoas tituladas universitarias vinculadas a Galicia.

O programa consiste en 10 bolsas para a ampliación de estudos oficiais de mestrado a tempo completo.

A contía de cada bolsa é dun máximo de 50.000 euros anuais así distribuídos:

  • Matrícula no centro de destino.
  • Dotación inicial única de 1000 euros en concepto de viaxe e instalación
  • Asignación mensual de 1600 euros en concepto de aloxamento e manutención

Requisitos

  • Nacionalidade española.
  • Ter unha vinculación con Galicia, entendendo que existe tal vinculación cando concorra polo menos un dos seguintes supostos:
  • Solicitantes nados na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Solicitantes cun proxenitor nado na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Solicitantes empadroados nalgún dos concellos da Comunidade de Autónoma de Galicia como mínimo 2 anos inmediatamente anteriores á data de apertura da convocatoria.
  • Os/As solicitantes deberán estar en posesión dun título universitario oficial
  • Os/As solicitantes deberán inscribirse en estudos conducentes á obtención dun título oficial de Máster e que se realicen en modalidade presencial, continua, diúrna, a tempo completo e no estranxeiro.
  • Os/As solicitantes deberán acreditar un nivel mínimo de inglés e do idioma de traballo do centro de estudos de destino, cando devandito idioma non sexa o inglés, equivalente ao B2.

Información e solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata as 12:00 horas do 10 de febreiro de 2020

Máis información aquí.