Bolsas Shuman no Parlamento Europeo
O Parlamento Europeo convoca as bolsas Shuman en dous períodos de prácticas e cunha duración de cinco meses non prorrogables.
Requisitos
- Ter máis de 18 anos.
- Posuír algunha titulación universitaria.
- Cumprir os requisitos lingüísticos.
- Achegar un certificado de antecedentes penais válido.
- Non traballar máis de dous meses consecutivos nunha institución ou órgano da Unión Europea con anterioridade.
- Non efectuar unha visita de estudos ou de investigacións específicas menos de seis meses antes do inicio do período de prácticas.
Prazos de inscrición
- Prazo de solicitude para o período de prácticas do 1 de outubro ao 28/29 de febreiro: 1 de xuño - 30 de xuño.
- Prazo de solicitude para o período de prácticas do 1 de marzo ao 31 de xullo: 1 de novembro - 30 de novembro.
Máis información e inscrición aquí.