Bolsas de verán no Instituto de Astrofísica de Canarias
O Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) convoca 10 bolsas de verán, en réxime de concorrencia competitiva, para a formación en desenvolvemento tecnolóxico asociado á investigación astrofísica.
Duración
3 meses (entre xullo e outubro de 2019).
Dotación
700 € brutos mensuais e unha cantidade de axuda para gastos de viaxe.
Requisitos
Ser estudante ou titulado/a recente no curso 2017-2018 ou posterior de mestrado universitario nos seguintes ámbitos: Informática, Mecánica, Aeronáutica, Electrónica, Telecomunicacións e Ciencias Físicas.
Prazo
Ata o 3 de maio de 2019.
Máis información no BOE do 16 de abril de 2019.