CiQUS bolsas de verán 2019

UVigo - Emprego 05/04/2019

O CiQUS, Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, oferta 15 prazas no seu programa de bolsas de verán CiQUS Summer Fellowships 2019 de iniciación á investigación. Están dirixidas a estudantes dos últimos dous anos do Grao en Química ou de titulacións relacionadas (Bioloxía, Bioquímica, Farmacia, Biotecnoloxía, Física, etc.). Durante o mes de xullo de 2019, o alumnado beneficiario poderá traballar tutelado por equipos científicos de excelencia e nunhas instalacións de primeiro nivel.

Dotación

A dotación das bolsas será de 750 € brutos máis unha axuda para o estudantado non residente en Santiago de Compostela destinada á financiación dos custos de locomoción, cun máximo de 200 € para estudantes de fóra de Galicia e ata 80 € para o estudantado residente noutros concellos de Galicia.

Requisitos

As persoas candidatas deben ter superado o 55 % dos créditos dos seus estudos de grao cunha nota media igual ou superior a 8,0.

Inscrición

Ata o 30 de abril de 2019. Podes inscribirte aquí.

Máis información nas bases reguladoras ou enviando un correo a ciqus.jobs@usc.es co asunto «Summer fellowships 2019».

Podes consultar a oferta aquí.