Contratación temporal dun/dunha técnico/a de turismo no Concello de Miño

UVigo - Emprego 03/06/2020

O Concello de Miño (A Coruña) realiza un proceso selectivo para a contratación temporal dun/dunha técnico/a de turismo. O sistema de selección será o de concurso.

Requisitos

  • Nacionalidade dun Estado membro da UE
  • Posuír unha titulación universitaria en Turismo, dobre grao en Ciencias Empresariais e Turismo, Historia da Arte, Humanidades, Xeografía e Ordenación do Territorio, Historia ou titulacións de formación profesional de técnico/a superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou técnico/a en Empresas e Actividades Turísticas
  • Posuír un título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega, nivel Celga 4

Inscrición e solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 9 de xuño de 2020.

Mais información aquí.