Contratacións temporais na Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

UVigo - Emprego 21/02/2020

O Centro Tecnolóxico da Carne é unha fundación de interese galego, sita en Ourense, e depende da Consellería do Medio Rural. Este ano, convoca tres procesos selectivos para a contratación de persoal laboral temporal, por procedemento de concurso de méritos.

Requisitos comúns

  • Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4
  • Estar en posesión do permiso de condución tipo B e ter dispoñibilidade para desprazarse polo territorio nacional

Proceso selectivo para Técnico/a Superior para dinamización do grupo FUNMEAT (IN607A2019/01)


Requisitos  

  • Posuír a Licenciatura ou o Grao en Química, Bioloxía e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

Tarefas

  • Desenvolvemento de proxectos de investigación en convocatorias competitivas estatais e europeas
  • Xestión e seguimento de proxectos de investigación
  • Interpretación e tratamento estatístico dos resultados e elaboración de informes
  • Transferencia de resultados a través da publicación de artigos científicos en revistas SCOPUS ou Web of Science
  • Elaboración e edición de libros, monografías e capítulos de libros
  • Difusión dos resultados en congresos e conferencias nacionais ou internacionais

Máis información aquí


Proceso selectivo para 1 Técnico/a Medio de transferencia tecnolóxica para o proxecto FEADER 2019/024A 


Requisitos

  • Posuír a Licenciatura ou o Grao en Enxeñaría Técnica Agrícola ou equivalente

Tarefas

  • Realización de campos de ensaio de cultivos agrícolas
  • Toma e interpretación de datos de cultivos en proxectos de I+D+i
  • Colaboración na transferencia tecnolóxica de información e resultados de investigación ao sector agrario

Máis información aquí.


Proceso selectivo para 1 Técnico Superior de transferencia tecnolóxica para o proxecto FEADER 2018/007A 


Requisitos

  • Posuír a Licenciatura ou o Grao en Enxeñaría Agronómica ou equivalente.

Tarefas

  • Supervisión e xestión de proxectos de investigación relacionados co sector agroalimentario
  • Avaliación estatística de resultados de investigación
  • Elaboración de informes e transferencias de resultados

Máis información aquí.


Solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 9 marzo de 2020 ás 14.00 horas.