Convocatoria de contratación de persoal de ITMATI (OT-02/2020) 

UVigo - Emprego 07/02/2020

Referencia da oferta

ITMATI-OT-02/2020

Descrición do posto

Un contrato coma investigador/a para o proxecto de investigación “Modelización e Optimización de Redes de Transporte de Gas”, no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.

Requisitos

Grao, Licenciatura, Enxeñaría, Mestrado ou Doutoramento en Matemáticas, Física, Enxeñaría ou Informática.

Valorarase

  • Grao de afinidade das titulacións das candidaturas cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial.
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, así como na implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos numéricos.
  • Coñecemento e experiencia previa na modelización matemática e na simulación numérica transitoria de redes de transporte de gas.
  • Coñecementos de inglés.
  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias (EDO) e en derivadas parciais.
  • Métodos numéricos en optimización.
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python etc.).

Condicións do posto

  • Retribución bruta mensual de 1750 € en 12 pagamentos.
  • Data prevista de incorporación a partir de abril-maio de 2020 e duración estimada de fin de obra entre 6-8 meses dende o inicio da contratación.
  • Xornada laboral a tempo completa.
  • Localidade de traballo: Santiago de Compostela. 

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 17 de febreiro de 2020 ás 23:59 horas. 
Máis información aquí.