Convocatoria de contratos temporais no Concello de Ribadeo

UVigo - Emprego 23/07/2021

O Concello de Ribadeo convoca dous postos de monitores/as por contratación temporal para o obradoiro de emprego “Territorio vivo”:

Un posto de monitor/a de operacións de gravación e de tratamento de datos e de documentos

Requírese posuír algunhas das seguintes titulacións, con experiencia mínima de 12 meses na titulación ou ocupación:

  • Licenciatura/grao en Información e documentación.
  • Licenciatura/grao en Historia
  • Licenciatura/grao en Humanidades

Ocupación

  • Monitor/a obradoiro ou curso de formación profesional en certificado de profesionalidade de operacións de gravación e tratamento de datos e documentos ou operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais
  • Xestión documental
  • Arquivista ou similar

Un posto de monitor/a de interpretación e de educación medioambiental

Requírese posuír algunas das seguintes titulacións, con experiencia mínima de 12 meses na titulación ou ocupación:

  • Licenciatura/grao en Ciencias Ambientais
  • Licenciatura/grao en Bioloxía
  • Licenciatura/grao en Xeoloxía

Ocupación

  • Monitor/a obradoiro ou docencia de formación profesional de certificado de Interpretación e educación medioambiental.
  • Educador/a ambiental, monitor/a da natureza, guía ambiental. Guía interpretador/a do entorno socionatural ou similar, Monitor/a e/ou técnico/a de equipamentos ambientais,
  • Monitor/a ou técnico/a de educación ambiental., Informador/a ou técnico/a ambiental., Monitor/a de campañas ambientais ou similares.

Entre outros requisitos, débese acreditar ter o nivel académico e a experiencia profesional esixidos no real decreto que regula o certificado de profesionalidade correspondente á especialidade formativa que vai impartir.

Carácterísticas dos postos de traballo:

  • A relación contractual é dunha duración de 12 meses a tempo completo.
  • O traballo desenvolverase nas instalacións xerais dos concello de Ribadeo e de Barreiros.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitues: ata o 30 de xullo de 2021.

Máis información aquí