Convocatoria de docencia no ámbito sociosanitario do Concello de Ribadeo

UVigo - Emprego 16/11/2022

O Concello de Ribadeo ten aberta unha convocatoria para un posto de docente para impartir o certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

A duración do contrato será de 7 meses a xornada completa.

Titulación requirida:

  • Grao/diplomatura en Educación Social, Traballo Social, Enfermería ou Licenciatura/Grao en Medicina, Psicoloxía, Psicopedagoxía ou títulos equivalentes.
  • Título de Técnico superior da familia profesional de Servizos Socioculturais á comunidade.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 3 da área de Atención Social da familia profesional de Servizos Socioculturais e a Comunidade.

Requírese ademais experiencia laboral mínima de 12 meses no eido das unidades de competencia de cualificación profesional de referencia (coidador/a de persoas dependentes en institucións, xerocultor/a, coidador/a de persoas con minusvalía física, psíquica ou sensorial). De non posuír ningunha das titulacións anteriormente indicadas, a experiencia laboral mínima deberá ser de 3 anos e deberase ter impartido como mínimo este certificado de profesionalidade de maneira íntegra.

Prazo de presentación de solicitudes: ata as 14 horas do 22 de novembro.

Máis información aquí