Convocatoria estatal de prazas de enxeñeiros e enxeñeiras aeronáuticos

UVigo - Emprego 17/07/2020

O Ministerio de Transportes convoca dous procesos selectivos:

80 prazas do corpo de enxeñeiros e enxeñeiras aeronáuticos

Requírese posuír ou ter cumpridas as condicións para a obtención do título de enxeñeiro/a aeronáutico ou aquel que habilite para o exercicio desta profesión regulada, conforme o establecido nas directivas comunitarias, á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

O proceso de selección constará das fases de oposición, de concurso e de curso selectivo.

Máis información aquí.

30 prazas do corpo de enxeñeiros e enxeñeiras técnicos aeronáuticos

Requírese posuír ou ter cumpridas as condicións para a obtención do título de título de enxeñeiro/a técnico aeronáutico ou aquel que habilite para o exercicio desta profesión regulada, conforme o establecido nas directivas comunitarias, á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso-oposición. 

Máis información aquí.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 14 de agosto de 2020.