Convocatoria Profesorado Itinerante en Circos para o curso 2019/2020

UVigo - Emprego 03/04/2019

O Ministerio de Educación convoca un concurso de méritos para a formación da lista de profesorado candidato ao Programa de Aulas Itinerantes en Circos para o curso 2019/2020.

Requisitos específicos de acceso

  • Pertencer a algunha lista oficial de interinidade ou substitución para o corpo de profesorado das Administracións Educativas correspondentes ao curso 2018/19 ou estar adscrito ao Programa de Profesorado Itinerante en Circos durante o curso 2018/2019.
  • Ter dispoñibilidade para viaxar durante o curso escolar.
  • Ofrecer unha proposta de actuación nunha aula itinerante de circo: directrices conforme aos anexos da convocatoria.

Prazo de inscricións

Ata o 8 de abril de 2019.

Máis información na convocatoria.