'Creando melloras', programa de bolsas para procesos de mellora en cooperativas

UVigo - Emprego 12/12/2019

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop abre a convocatoria para adxudicar cinco bolsas de xerencia e apoio á mellora en cooperativas.

Este programa realízase no marco da programación 2020 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para fomentar e consolidar o cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Durante a estadía en prácticas analizaranse, deseñaranse, planificaranse e desenvolveranse accións de mellora na xestión da cooperativa. Estes traballos faranse co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop en coordinación coa cooperativa e darase soporte ás necesidades e demandas da empresa beneficiaria.

Requisitos

  • Persoas desempregadas menores de 35 anos
  • No último curso académico ou en posesión do título de grao, diplomatura ou licenciatura en titulacións relacionadas coa xestión empresarial (administración e dirección de empresas, económicas, empresariais, relacións laborais, ...), tamén de ciclos superiores de formación profesional en especialidades relacionadas coa xestión empresarial.
  • A duración das bolsas é de 6 meses e 25 horas semanais.
  • A estadía da persoa bolseira na entidade beneficiaria realizarase do 1 de febreiro ao 31 de xullo de 2020.

Localidades onde se ofertan as bolsas

  • Ourense (1 cooperativa/bolsa)
  • Arteixo (1 cooperativa/bolsa)
  • A Coruña (3 cooperativas/bolsas)

Solicitudes e información

O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata 16 de decembro de 2019.

Máis información e consultas: roberto@espazo.coop | 986 866 149