Curso de consultoría TIC de formación e teleformación

UVigo - Emprego 31/01/2020

Big Formación realiza un curso gratuíto de consultoría TIC de formación e teleformación dentro do Programa de unidades de formación da Xunta de Galicia, co compromiso de contratación do 40% do alumnado do curso. O curso comezará en marzo en horario de mañá.

  • Formación dirixida a persoas desempregadas inscritas no Inem e menores de 35 anos.
  • Lugar da formación: Ourense.

Información e inscrición

Máis información e inscrición por correo electrónico a formacion@bigformacion.com  ou por teléfono + 34 988 239 655 | 657 895 493.