Curso de consultoría TIC de formación e teleformación

UVigo - Emprego 09/07/2020

Big Formación realiza un curso gratuíto de consultoría TIC de formación e teleformación dentro do Programa de unidades de formación da Xunta de Galicia, co compromiso de contratar o 40 % do alumnado do curso. A formación comezará a finais de xullo en horario de mañá.

  • Formación dirixida a persoas desempregadas inscritas no Inem e menores de 35 anos
  • Lugar da formación: Ourense

Información e inscrición

Máis información e inscrición por correo electrónico a formacion@bigformacion.com ou por teléfono + 34 988 239 655 | 657 895 493.