Curso de consultoría TIC de formación e teleformación 

UVigo - Emprego 22/12/2020

Big Formación organiza un curso gratuíto de consultoría TIC de formación e teleformación dentro do programa de unidades de formación da Xunta de Galicia, co compromiso de contratar polo menos o 40 % do alumnado do curso, que comezarán a traballar antes de finalizar a formación.

  • A formación comezará en xaneiro en horario de 9.00 a 15.00 horas
  • Dirixida a persoas desempregadas inscritas no Inem e menores de 35 anos
  • Lugar: Ourense

Información e inscrición

Máis información e inscrición por correo electrónico a formacion@bigformacion.com ou por teléfono + 34 988 239 655 | 657 895 493.