Curso e-Destrezas: Fundamentos de análise e tratamento de datos con Excel

UVigo - Emprego 25/01/2021

Trátase dunha formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria dentro do programa e-Destrezas. Está dirixida a toda a comunidade universitaria e ten unha duración de 28 horas lectivas (7 sesións de 4 horas de docencia síncrona a través do Campus Remoto).

Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento dun crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. 

O curso impartirase todos os venres, do 5 de febreiro ao 12 de marzo, de 10.00 a 14.00 h e o xoves 11 de marzo, de 16.00 a 20.00 h, a través do Campus Remoto.

Programa

  • Operacións básicas, formatos, funcións básicas de Excel.
  • Funcións avanzadas de Excel.
  • Auditoría de fórmulas, control de erros.
  • Gráficos.
  • Vistas e impresión.
  • Táboas de datos, introdución ás táboas e gráficas dinámicas.
  • Análises de sensibilidade.
  • Introdución á análise de datos en Excel.
  • Introdución ás macros en Excel.
  • Vinculación de Microsoft Excel con outras ferramentas de Microsoft Office.

Información e inscrición

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 2 de febreiro de 2021.

Máis información e inscrición aquí.