Curso e-Destrezas de fundamentos de deseño CAD con AUTOCAD

UVigo - Emprego 03/02/2021

Trátase dunha formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria dentro do programa e-Destrezas dirixida a toda a comunidade universitaria. Este curso ten unha duración de 40 horas lectivas (8 sesións de 5 horas de docencia síncrona a través de Campus Remoto).

Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.

O curso impartirase os venres, do 19 de febreiro ao 23 de abril, en horario de tarde, de 15.30 a 20.30 h, a través de Campus Remoto.

Programa

  • Introdución ao deseño 2D e 3D con Autocad
  • Interfaz e metodoloxia de traballo
  • Capas, vistas, planos presentación e trazado
  • Introdución ao deseño 3D
  • Impresión 3D
  • Realización dun proxecto

Inscrición e información

O número de prazas é limitado e o prazo de inscrición permancerá aberto ata 16 de febreiro.

Máis información e inscrición aquí.