Curso e-Destrezas 'Fundamentos da Metodoloxía BIM con REVIT e MEP'

UVigo - Emprego 16/12/2019

Formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria da Uvigo dentro do programa e-Destrezas. O curso proporciona coñecementos básicos da metodoloxía BIM (Building Information Modeling) para o deseño, uso e/ou construción integral de edificacións. Trataranse conceptos relacionados co modelado MEP (mecánico, eléctrico e hidrosanitario), etc.

Programa

  • Introdución a REVIT
  • Introdución ao modelo MEP
  • Fontanería e saneamento
  • Equipamento mecánico
  • Electricidade
  • Personalización

Onde e cando

  • Do 24 xaneiro ao 13 de marzo
  • Os venres de 09.00 a 14.00 h (40 horas)
  • Na sala 4 do Edificio Miralles no campus de Vigo

O curso realizarase cun mínimo de 25 inscricións e un máximo de 30.

Recoñecemento de créditos

Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.

Información e inscrición

O prazo de inscrición permacerá aberto do 20 de decembro de 2019 ao 22 de xaneiro de 2020.

Máis información aquí.