Curso fundamentos de xestión de proxectos con Project

UVigo - Emprego 10/12/2019

Formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria da Uvigo dentro do programa eDestrezas. A finalidade deste curso é a adquisición dunha base para a xestión de proxectos baixo a metodoloxía PMBoK e a súa xestión mediante a ferramenta ofimática Project.

Onde e cando

  • Do 17 de xaneiro ao 14 de febreiro.
  • Na sala 4 do Edificio Miralles no campus de Vigo.
  • Os venres de 16.00 a 20.00 horas (40 horas).
  • O curso realizarase cun mínimo de 25 inscricións e un máximo de 30.

Recoñecemento de créditos

Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.

Inscrición e información

O prazo de inscrición permanecerá aberto do 13 de decembro ao 15 de xaneiro.

Máis información do curso aquí.