Desenvolve as túas competencias a través dos programas de voluntariado da Uvigo

UVigo - Emprego 26/05/2020

As organizacións e as empresas, cada vez máis, buscan profesionais que conten cunha serie de habilidades alén dos títulos académicos e da traxectoria laboral. Son os chamados Soft Skills, as habilidades e as capacidades transversais. Sen dúbida, as persoas que participan en actividades de voluntariado adquiren unha experiencia que non se pode acadar mediante a educación formal.

Desde a nosa universidade ofrecemos diversos programas e actividades culturais para que poidas complementar a túa formación e mellorar as túas capacidades transversais. Lembra que poderás certificar todas as actividades de voluntariado que desenvolvas.

Gustaríache participar nos programas de voluntariado da Universidade de Vigo? Podes consultar todos os noso programas nesta ligazón

Máis información na Plataforma de Voluntariado de España.