Encontro "Chaves para a inserción laboral-Constrúe o teu futuro" no Espazo Xove de Vilagarcía

UVigo - Emprego 18/11/2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (Lidera), organiza “Chaves para a inserción laboral-Constrúe o teu futuro”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas de Galicia e Portugal de 18 a 30 anos de idade e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido do emprego e emprendemento.

Obxectivos

  • Ofrecer ferramentas para que os mozos e mozas aprender a crear e a innovar nos seus eidos profesionais.
  • Promover o coñecemento e valorización de novas figuras profesionais como posibles saídas profesionais da mocidade.
  • Establecer unha dinámica de coñecemento e diálogo entre a mocidade e os axentes económicos do territorio, coa finalidade de impulsar novas oportunidades de colaboración e mentoring.

Data e horarios

  • 22 de novembro de 2019, de 9.30 a 14.00 horas

Lugar

  • Espazo Xove de Vilagarcía, rúa de Xoán Carlos I, 37, Vilagarcía.