Encontro “Innovación e creatividade” no Espazo Xove de Lalín

UVigo - Emprego 18/11/2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (Lidera), organiza no Espazo Xove de Lalín o encontro “Innovación e Creatividade”, un encontro sectorial a pequena escala onde os mozos e mozas de Galicia e Portugal de 18 a 30 anos de idade e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo no eido da innovación empresarial.

Obxectivos

  • Ofrecer ferramentas para que os mozos e mozas aprendan a crear e a innovar nos seus eidos profesionais.
  • Promover o coñecemento e valorización de novas figuras profesionais como posibles saídas profesionais da mocidade.
  • Establecer unha dinámica de coñecemento e diálogo entre a mocidade e os axentes económicos do territorio, coa finalidade de impulsar novas oportunidades de colaboración e mentoring.

Data e horario 

  • 29 de novembro de 2019, de 9.00 a 14.00 horas.

Lugar

  • Espazo Xove de Lalín, rúa de Pena Toares, 2, Lalín.

Información

Máis información aquí.