Galeuropa 2019

Bolsas de prácticas formativas

UVigo - Emprego 19/09/2019

A Asociación Asteroidea xestiona, dentro do programa de mobilidade xuvenil transnacional Galeuropa 2019, 15 bolsas a través dunha estadía subvencionada de dous meses (1 de outubro a 30 de novembro) con 100 horas mensuais de prácticas en empresa nos seguintes países: 

  • Azores  (7 bolsas)
  • Reino Unido (4 bolsas)
  • Italia (4 bolsas)

O programa Galeuropa é convocado pola  Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e cofinanciado pola iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo, de interese para os mozos e mozas menores de 30 anos que se atopan no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. A súa finalidade é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas participantes e contribuír á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a súa incorporación ao mercado de traballo.

Máis información e inscrición aquí.